Pasar al contenido principal

DANI GARCÍA E MARTÍN ANDERSEN Presentan: “SYMBIOSIS, MAXIA PARA VOS”

SYMBIOSIS, MAXIA PARA VOS
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 2 de xaneiro ás 20:00 horas.

 

DANI GARCÍA E MARTÍN ANDERSEN Presentan: “SYMBIOSIS, MAXIA PARA VOS”

A acción vira ao redor de dous magos novos, de orixes ben distintas, un deles galego, e o outro arxentino. Descobren que no fondo non teñen tantas diferenzas e que a súa gran paixón é a maxia, e compartila co público, transportándoo a unha nova realidade, onde non hai barreiras, onde non hai normas, onde todo toma un novo significado, onde non existe a palabra imposible. Neste espectáculo nada é o que parece e nada parece o que é. Para a súa creación usáronse as ideas que en principio parecían máis absurdas e aloucadas, e que en moitos casos non tiñan nada que ver coa maxia. Pero esa mestura, esa variedade de ideas e disciplinas son o que lle dan corpo e vida a esta nova creación.

Venda de localidades:

Prezos

Adultos: 5€

Nenas e nenos: 3€

Venda anticipada:

 

www.servinova.com / telefono: 902 504 500
O día da función: Despacho de billetes do auditorio (2 horas antes do comezo da función).