Pasar al contenido principal

CULTURACTIVA presenta: FALAR SEN CANCELAS

FALAR SEN CANCELAS
Fecha de inicio Data de inicio:
Sábado, 20 de maio ás 21:00 horas.

Autor: Avelino González, Diego Rey, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei.

Dirección: Diego Rey.

Escenografía: KukasDeseño.

Son: Paula Castro.

Deseño iluminación: Paula Castro.

Vestiario: Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei.

Interpretación: Fran Rei, Isabel Risco, Pedro Brandariz.

Sinopse: A partir dun gran conflito (tres cómic@s saen á escena e non son quen de falar en galego, para que o precisarán unha apócema máxica) comeza esta gran gala de humor e comedia, coa palabra como gran protagonista, mais tamén a maxia, o clown e a improvisación.

Hai xente que fala por falar. Outros falan polos cóbados. Algúns falan os sete falares. E non son poucos os que falan do xato e se esquecen do trato. Porque prefiren falar dos biosbardos, das nubes ou do sexo dos anxos antes que ir ao conto. Laretar, latricar, esbardallar -mesturando o allo co bugallo e sen querer quitarlle lobos ao asunto- é unha arte que, se se manexa ben, dá xenio escoitar. En definitiva, que o falar non ten cancelas, sobre todo nun lugar en que cada palabra conta, ás veces por dúas, no que o duplo significado abrolla en cada xiro da lingua e a retranca fai rimar humor con historia cada vez que alguén abre a boca. Somos un pobo de contos, de lendas, de relatos. Sabemos falar. E cando falamos, falamos ben. Porque temos, igual que acontece coa choiva, mil e unha maneiras de describir as nosas formas de conversar.

Xénero: comedia, clown e improvisación.

Duración: 75 minutos.

Idioma: Galego.

 

Venda de Localidades.

Anticipada: www.ataquilla.com (en google: ataquillacangas) // Tfno.: 902 504 500.

O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo da función).

 

Prezo: 8€.

Pensionistas e xubilad@s, demandantes de emprego, carné xove e estudantes: 5€.