Pasar al contenido principal

CORAL CASABLANCA

CORAL CASABLANCA
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 27 de abril ás 21:00 horas.

 
CORAL CASABLANCA DE VIGO

Fundada no ano 1957 no Convento dos Padres Capuchinos do barrio vigués do mesmo nome. Entre os anos 1966 e 2011 forma parte do área cultural do Círculo Mercantil de Vigo. En marzo de 2011 pasa a depender da FUNDACIÓN CORAL CASABLANCA DE VIGO, clasificada de "Interese Cultural" pola Xunta de Galicia, (Orde do 14 de Marzo de 2011) e de "Interese Galego", (Orde do 14 de Xullo de 2011).

O seu director fundador foi o P. Javier de Madrid; quen ao pouco tempo cedería a batuta a Francisco Rei Rivero, director ata Decembro de 1988. Nese momento incorpóranse a Coral A´Marosa, (fundada dez anos antes), o seu actual director ÓSCAR VILLAR DÍAZ, (Medalla de Galicia 2005), e os pianistas GUILLERMO E CRISTINA GARCÍA LOMBA, esta última ocupará o cargo ata o mes de Xullo de 2003, data na que a pianista checa, Ingrid Sotolarova, pasa a ocupar o seu lugar ata Outubro de 2013, en que se incorpora a pianista cubana, LUCILA PESTANA.

A Coral Casablanca é a máis laureada de Galicia e a máis antiga, en activo, da cidade de Vigo.