Data de inicio:
Sábado, 6 de maio ás 21:00 horas.
Autor: Martin McDonagh.
Dirección e adaptación:Cándido Pazó.
Escenografía: Carlos Alonso.
Música: Guillerme Fernández.
Iluminación: Afonso Castro.
Vestiario: Carlos Alonso / Belén Pichel.
Interpretación: Santi Romay, Susana Dans, Ana Santos, Evaristo Calvo, María Roja, Marcos Pereiro, Ricardo de Barreiro, Luis Iglesia.
Sinopse: Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente isolado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito cerrado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquera outro.
Un espectáculo de gran formato (8 actores de prestixio, potente escenografía, música emocionante, iluminación atractiva) no que o público se sentirá atrapado polo humor e a tenrura dun teatro tan entrañable, tan noso, coma o irlandés.
Duración: 100 minutos.
Idioma: Galego.
Venda de Localidades.
Anticipada: ataquilla.com (en google: ataquillacangas) // Tfno.: 902 504 500.
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo da función).
Prezo: 8€.
Pensionistas e xubilad@s, demandantes de emprego, carné xove e estudantes: 5€.


