Pasar al contenido principal

CONCERTO PROXECTO CORAL ÁNGEL BARJA

CONCERTO PROXECTO CORAL ÁNGEL BARJA
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 20 de xullo ás 21:00 horas.   (Entrada de balde!).

 
 
É este un coro efémero xurdido, para músicas circunstanciais, logo dunha homenaxe ó gran músico galego do século XX, Ángel Barja, que aconteceu en Vigo hai un par de anos. Fíxose, daquela, un concerto reivindicativo da figura de Barja (o músico esquecido), no 30 aniversario do seu falecemento, coa participación dun grupo de coros de Vigo e o seu entorno, no que algúns cantores deses outros coros xuntámonos co propósito de abordar certa parte do repertorio do músico, de maior complexidade.

Sucedeu, logo, un feito de enorme relevancia cultural: chegou a Vigo, de visita temporal, o manuscrito orixinal coas cantigas de Martín Códax que estivo exposto no Museo do Mar. O tamén músico José Barja, irmán de Angel Baja, compuxera unha marabillosa versión coral daquelas cantigas, recollidas no “pergamino Vindel”, que a familia dos músicos tivo a ben cedernos para a súa interpretación, nun concerto celebrado este mesmo ano no propio Museo do Mar.

Temos a ledicia de poder mostrar parte destas músicas, nun concerto de invitación, na Bretaña (Francia) no vindeiro mes de agosto.

 

ENTRADA DE BALDE!!!