Pasar al contenido principal

COMPAÑÍA NELSON QUINTEIRO presenta: NOVECENTO CABARET

NOVECENTO CABARET
Fecha de inicio Data de inicio:
Sábado, 21 de outubro ás 21:00 horas.

Un espectáculo de danza-teatro e cabaret plenamente evocador. Unha viaxe polas emocións, a arte e a música que se recrea nas vangardas e movementos políticos de principios do século XX que chega ao teatro para amplificar a súa posta en escena.

Un espectáculo innovador, cunha estética vintage que crea imaxes evocadoras e emocionantes para todos os públicos.

Creado e articulado como unha experiencia para todos os públicos, convértese nun percorrido polas artes e a beleza, cun pequeno toque revolucionario que nos caracteriza.

 

Sinopse: O espectáculo preséntavos a unha familia acomodada, dedicada á industria conserveira, que vive no ideal das vangardas, no concepto de arte pola arte, da "vie bohème", da alegría, do amor por enriba de todas as cousas, que coa chegada da guerra atópase coa crueza desta nova realidade: coa fame, co medo e a violencia.

Motivados polo seu espírito vangardista, polos seus ideais e a a súa rebeldía, inician unha viaxe cara ás novas correntes artísticas, atopando refuxio no mundo do cabaré, un lugar de goce e liberdade. 

Un espectáculo para todos os públicos, unha experiencia festiva, de alegría, diversión e emoción.

Xénero: cabaret.

Idioma: Galego.

 

Venda de Localidades.
 
Despacho de Billetes do Auditorio, de 19:00 a 21:00 horas (2 horas antes do comezo da función).

Prezo: 8€.