Pasar al contenido principal

CINEMA STICADO presenta: STRPTS // episodio 1: Mirlo & Rula

CINEMA STICADO presenta: STRPTS
Fecha de inicio Data de inicio:

Xoves, 30 de abril ás 21:00 horas

 

  • cine ao vivo
  • performance
  • monicreques
  • obxectos
  • sombras
  • proxección de video
  • imaxe
  • son e música en directo

 

INTÉRPRETES: Xosel Díez e Helena Varela

CREACIÓN E DIRECCIÓN: Xosel Díez (ES) // DEBUXOS: Xabi Varela (ES) // PROGRAMACIÓN PURE DATA: João Pinheiro (PT) // ILUMINACIÓN LED: Man Núñez (ES)

DECORADOS: Nola Rivera (ES) // AGRADECIMENTOS ESPECIAIS: Katja Vetter (NL)

 

STRPTS (lése estriptis) é unha historia de intriga creada en vivo e en directo sobre o escenario e retransmitida audiovisualmente 'in situ' en tempo real nunha gran pantalla. O colectivo Cinema Sticado trae a escena un universo en miniatura feito de cartón reciclado para dar vida a STRPTS (lése estriptis), unha historia tinguida de misterio, sexo, corrupción, asasinatos e persecucións creada en vivo e en directo sobre o escenario e retransmitida 'in situ' en tempo real nunha gran pantalla.
Prepárate para entrar nun mundo que nunca antes viras. Quererás ver máis!

 

SINOPSE:

Un home sixiloso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e ateigado de corrupción política.

TIPO DE ESPECTÁCULO: Cine ao vivo.
XÉNERO: Intriga.
IDIOMA: Galego
DURACIÓN APROXIMADA: 60 min.
PÚBLICO: Xuvenil e Adulto.

 

O COLECTIVO:

Cinema Sticado é un colectivo multidisciplinar de artistas que fai cine ao vivo. Interesados nas novas linguaxes narrativas o colectivo nace en 2012 co obxectivo de explorar as posibilidades expresivas que xurden nas fronteiras entre os campos escénico e audiovisual para contar historias no ámbito da representación en vivo e en directo. O seu traballo combina artes visuais, teatrais e performativas coa creación de audio e video en tempo real (non empregan material pregrabado) apoiándose no uso de cámaras, micrófonos e ferramentas própias programadas en software libre (pure data) para facer películas en directo e proporcionar ao espectador unha experiencia visual e presencial única e asombrosa. O núcleo do colectivo está composto por Xosel Díez -enxeñeiro e creador audiovisual- e Helena Varela -actriz de teatro e cine- .
Crítica do espectáculo de Manuel Xestoso (critico teatral galego): http://cinemasticado.com/gl/critica-1/
+ info.: web: www.cinemasticado.com

 

Venda de Localidades.
O mesmo día:
Despacho de Billetes do Auditorio.
De 19:00 a 21:00 hs. (2 horas antes do comezo da función).
Prezo: 5€.