Pasar al contenido principal

CINE CLUB CANGAS proxecta: PAXAROS DE VERÁN

PAXAROS DE VERÁN
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 25 de outubro ás 21:00 horas.

 

Título orixinal: Pájaros de verano
Ano: 2018
Duración: 125’
País: Colombia
Dirección: Cristina Gallego, Ciro Guerra
Guión: María Camila Arias, Jacques Toulemonde
Intérpretes: Carmiña Martínez, José Acosta, Natalia Reyes, Jhon Narváez, Greider Meza, José Vicente Cote, Juan Bautista Martínez

 

Sinopse: Baseada nunha historia real que explica a orixe do narcotráfico en Colombia, a película sitúase nos anos 70 cando a mocidade norteamericana entra na cultura hippie e con ela na marihuana. Esta situación provoca que os agricultores/as da zona pasen a ser do “empresariado” a un ritmo veloz. No deserto de Guajira, unha familia indíxena Wayuu vese obrigada a asumir un papel de liderado nesta nova empresa. A riqueza e o poder combínanse coa guerra fratricida que porá en grave perigo a súa familia, as súas vidas e as súas tradicións ancestrais.

 

Premios

2019: Premios Platino: Mellor dirección artística. 6 nominacións

2018: Premios Ariel: Mellor película iberoamericana

2018: Premios Fénix: Mellor película, música e actriz (Carmina Martínez)