Pasar al contenido principal

CINE CLUB CANGAS proxecta: MEDIA LÚA

MEDIA LÚA
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 20 de marzo ás 21 horas.

Cuncha de Ouro Festival San Sebastián 2007
Premio da Crítica
Premio á mellor fotografía

Dirección e guión: Bahman Ghobadi.
Intérpretes: Ismail Ghaffari (Mamo), Allah Morad Rashtiani
(Kako), Hedieh Tehrani (Hesho), Golshifteh farahani
(Niwemang).

Produción: Bahman Ghobadi. Montaxe: Hayedeh Safiyari. Fotografía: Nigel Block e Chrighton Bone. Música: Hossein Alizadeh.

Duración: 107 min.

 

SINOPSE

Mano, un vello músico kurdo ben coñecido, consegue permiso, despois de 35 anos intentándoo, para dar un concerto no Kurdistán iraquí. Para iso convoca aos moitos
fillos que ten e súbeos a un vello autobús escolar norteamericano e emprenden a viaxe desde o Kurdistán iraniano cara á fronteira. Os membros dunha etnia sen territorio transitan territorios familiares e ao mesmo tempo hostís. Ás dificultades que supón o camiño, únese o convencemento por parte do músico da necesidade dunha voz feminina a pesar de que as mulleres teñen prohibido cantar diante dos homes en Irán. Nunha aldea perdida na que viven 1.334 cantantes exiliadas, unirase a eles Hesho.

+ info: http://cineclubcangas.blogspot.com.es/