Pasar al contenido principal

CINE CLUB CANGAS proxecta: EU, DANIEL BLAKE

EU, DANIEL BLAKE
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 10 de febreiro ás 21:00 horas

 

Dirección: Ken Loach.

Guión: Paul Laverty.

 

Produción: Rebecca O’Brien.

 

Director fotografía: Robbie Ryan.

 

Montaxe: Jonathan Morris.

 

Música: George Fenton.

Intérpretes: Dave Johns (Daniel Blake), Hayley Squires (Katie), Dylan McKiernan (Dylan), Briana Shann (Daisy), Kate Rutter (Ann), Sharon Percy (Sheila), Kema Sikazwe (China).

 

Duración: 100 min.

 

Premios:

Palma de Ouro mellor película en Cannes 2016.

San Sebastian 2016: Premio do público mellor película.

British Independent Filmaward 2016: Mellor actor

 

Sinopse:

Daniel Blake é un carpinteiro inglés de 59 anos que se ve obrigado a recorrer ás axudas sociais por primeira vez na súa vida despois de que lle diagnostiquen unha doenza cardíaca. Con todo, a pesar da prohibición médica de traballar, a administración obrígao a buscar un emprego para evitar unha sanción. No centro de colocación coñecerá a Katie, outra vítima das aberracións burocráticas, que tivo que mudarse cos seus fillos a 450 km para evitar un fogar de acollida. Entre os dous tentarán axudarse mutuamente.