Data de inicio:
Venres, 10 de marzo ás 21:00 horas
(Bar Bahar)
Israel, 2016
Dirección: Maysaloun Hamoud.
Guión: Maysaloun Hamoud.
Produción: Rebecca O’Brien.
Fotografía: Itay Gross.
Música: Mg Saad.
Intérpretes: Mouna Hawa, Shaden Kanboura, Sana Jammalieh
Duración: 96 min.
Premios: 2016: Festival de Toronto: Premio NETPAC (Mellor film asiático). Festival de San Sebastián: Premio TVE 'Otra mirada'.
Sinopse: Salma, Laila e Nur nunca encaixarán. Palestinas con pasaporte israelí, optan por vivir unha vida de liberdade en Tel Aviv, lonxe dos seus lugares de orixe. As tres buscan o amor, mais como mozas palestinas, pronto se decatarán de que non é doado chegar a unha relación escollida por elas. Terán que escoller o seu sitio no mundo, ben na cidade, ben nas súas vilas.


