Pasar al contenido principal

CINE CLUB CANGAS proxecta: AMAMA

AMAMA
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres,  29 de xaneiro ás 21:00 horas.

 
Euskadi,2015
 
V. O. S. E.
 
Dirección e guión:Asier Altuna
Produción: Masa Sawada, Koichiro Fukushima, Yoshito Oyama.
Música: David Hadjadj.
Montaxe: Tina Baz
Fotografía: Javier Agirre
Intérpretes: Iraia Elias, Amparo Badiola, Ander Lipus, Kandido Uranga, Manu Uranga, Klara Badiola, Nagore Aranburu
 
Duración: 113 min.
 
Sinopse:
Un caserío no medio dun mesto bosque, cos seus costumes consuetudinarios escritos coa seiva das árbores que o arrodean. A casa familiar nunca se vai dividir, o primeiro fillo varón quedará con ela, e o resto dos fillos terán que buscar a vida lonxe del. Despois de séculos de funcionamento, este, na medida do posible, actualizouse, permitindo hoxe escoller quen herdará o caserío.
Unha familia con tres irmáns, cada un coa súa árbore plantada e marcada con pintura para indicar o seu carácter: o vermello para a coraxe do irmán máis vello, o branco para o vago e o negro para a moza rebelde. Pero a vida fai que os primeiros irmáns marchen do caserío, deixando soa a ovella negra da familia, a única muller, artista e contestona, que non cala ante o mutismo do seu pai, a sumisión da nai e o silencio observador, e por veces acusador da avoa (amama en éuscaro).