Pasar al contenido principal

CINE CLUB CANGAS proxecta: 16 DE DECEMBRO

16 DE DECEMBRO
Fecha de inicio Data de inicio:

Venres, 22 de novembro ás 21:00 horas.

 

FECIGA – 25 N Día internacional da Eliminación  da Violencia contra a Muller

Título orixinal: 16 de Decembro

Dirección e guión: Álvaro Gago

Ano: 2019

Duración: 13:51′

País de producción: España

Lingua: Galego

 

Sinopse: Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado a outro. Os corpos buscan introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte e cinco anos, sae de adestrar a balonmano e vai buscar ao seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.

O director:  (Vigo, 1986). Álvaro estuda comunicación e música en Pontevedra, teatro en Chicago e cinema na London Film School, na que se gradua no 2013 coa curta Curricán, gañadora do premio á mellor dirección en Curtocircuito e á mellor película no Festival de Cans. En Londres, establécese como director e montador e compaxina o seu traballo coa impartición de clases na Young Film School e a organización do Galician Film Forum.

A súa última curta obtén unha nominación aos Goya 2019 e gaña mais de sesenta premios, entre eles o Mestre Mateo 2018 e o gran premio do xurado no Festival de Sundance 2018. Ese mesmo ano realiza a montaxe de Trote, a primeira película de Xacio Baño, que ten a súa estrea mundial no Festival de cine de Locarno 2018 e nacional no Festival de San Sebastián 2018.

A súa seguinte curtametraxe 16 de decembro ten a súa estrea internacional no Festival de Locarno 2019. Actualmente está desenrolando o guión da súa primeira longametraxe titulada Algo parecido á felicidade


Premios

  • Festival del Film Locarno (Suiza)
  • AFI Fest – Los Angeles
  • El Gouna Film Festival (Exipto) – Mención Especial
  • ABYCINE – Festival de Cine de Albacete – Mellor Curtametraxe
  • Festival cinema Méditerranéen Montpellier – CINEMED (Francia)
  • Leeds int. Film Festival (UK)
  • Bogoshorts – Bogotá Short Film Festival
  • Cinema Jove – Festival Internacional de Cine de Valencia
  • Reykjavík International Film Festival (Islandia)
  • Semana Internacional de Cine de Valladolid – SEMINCI
  • ALCINE – Festival de Cine de Alcalá de Henares
  • Curtocircuito – Fest. Int. de cine de Santiago de Compostela – Mención Especial
  • FicBueu – Festival Int. Curtametraxes
  • Festival de Cine de Madrid PNR
  • Cortogenia – Temporada de estrenos de cortometrajes
  • FASCURT – Festival de curtmetratges del Masnou
  • FICBE – Festival Int. de Cortometrajes de Temática Social Berriozar – Mellor Curtametraxe
  • Festival de Cortos Diputación de Jaén contra la Violencia de Género — Mellor Curtametraxe
  • Cormorán Film Fest – Premio do público

 


SUC DE SÍNDRIA


Título orixinal: Suc de Síndria
Dirección: Irene Moray
País de producción: España
Ano: 2019
Duración: 22’
Lingua: Catalán


Sinopse:  Bárbara e Pol vanse uns días de vacacións. Rodeados de natureza e amigos, buscan pasalo ben e á vez atopar un espazo tranquilo para gozar da súa intimidade.

Co apoio de Pol, no medio da natureza, entre bágoas e risas, Bárbara aprende a soltarse, sanar vellas feridas e redefinir a súa sexualidade.

A Directora: Irene Moray (1992) é fotógrafa e cineasta. En 2012 trasladouse a Berlín e durante tres anos formou parte do colectivo de performances the – – family, co cal actuou en distintas entidades culturais por toda Europa, como o Astrup Fearnley Museum de Oslo ou a Chisenhale Gallery de Londres.

Durante a súa estancia en Berlín dirixiu o seu primeiro curto de ficción: Bad Lesbian. Logo de catro anos en Alemania, decidiu volver á súa terra natal onde rodou o seu último curto como guionista e directora: Suc de síndria. Traballa como fotógrafa para distintas axencias,  productoras e editoriais como i-D, Dream Magazine, Garage Films, Distinto Films ou Erika Lust.

 

Festivais, premios e mencións (2019)

  • 69º Internationale Filmfestpiele Berlin, Berlinale Shorts, EFA (European Film Awards) Nomination
  • TIFF – Toronto International Film Festival, Sección Internacional
  • Chicago International Film Festival
  • BFI – London Film Festival
  • Festival de Málaga. Sección Oficial de Curtametraxes, Mellor actriz (Ex aequo) Elena Martín
  • Semana de Cine Medina del Campo, Certamen Nacional de Curtas, Roel de Plata, Mellor Actriz
  • Las Palmas de Gran Canaria International Film Festival, Sección informativa Panorama España
  • IndieLisboa – International Independent Film Festival
  • TOFIFEST – International Film Festival – Grand Prix
  • Stockholm Film Festival
  • Encounters – Bristol Short Film and Animation Festival
  • BAFICI, Buenos Aires Festival Int. de Cine Independiente, Competencia Oficial Internacional
  • 37º Festival Cinematográfico Internacional de Uruguay, Competencia Oficial Internacional
  • D’A Film Festival Barcelona, Cortos Un Impulso Creativo, Premio del Publico
  • KuzFilm Festival Hamburgo, International Competition
  • Premios Pávez-Festival Nacional de Cortometrajes de Talavera de la Reina, Sección Oficial
  • Festival de Cinema de València- Cinema Jove , Sección Oficial de Curtametraxes
  • Premio Feroz á Mellor Curtametraxe
  • Festival Internacional de Cine Independiente de Elche, Secció Oficial
  • Melbourne International Film Festival, International Shorts
  • Curta Kinoforum – São Paulo International Short Film Festival, Sección Internacional.