Data de inicio:
Sábado, 17 de decembro ás 21:00 horas
de Molière
Dirección:
Carles Alfaro.
Intérpretes:
Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres.
Escenografía: Baltasar Patiño. Vestiario: Diego Valeiras. Iluminación: Carles Alfaro. Música: Anxo Graña. Caracterización: Trini F. Silva. Tradución:Loli Ramos. Asistente de dirección: Vanesa Sotelo.
Sinopse:
Nesta obra Moliére ofrécenos unha reflexión sobre o que pode chegar a suceder cando alguén se interpón entre o poder e quen o posúe, co obxectivo de satisfacer os seus intereses persoais. Fálanos do alcance das aparencias, da cegueira que provoca non querer ver, e das visións que substitúen a realidade.Tartufo fálanos, en fin, do perigo que corremos, nós e mais a nosa xente, cando confundimos a hipocrisía coa honestidade e a honestidade coa hipocrisía.
Tanto Orgón, membro da alta burguesía parisiense, coma a súa nai, a Señora Pernela, atópanse baixo a influencia de Tartufo, un falso devoto que é o seu director espiritual e que persegue, en realidade, ficar con todos os bens do seu protector. Ao mesmo tempo, este impostor trata de casar con Ariana, a filla de Orgón, mentres seduce a súa segunda muller, Elmira. A trama vaise complicando progresivamente coas intervencións de Damis (filla de Orgón), Cleanta (irmá de Elmira) e Valerio (amante de Mariana), que son puntualmente comentadas desde o acedo punto de vista da criada Dorina.
Venda de Localidades.
Anticipada: www.ataquilla.com (ataquillacangas)
O mesmo día: Despacho de Billetes do Auditorio, de 19 a 21 horas (2 horas antes do comezo da función).
Prezo: 8€.


