Pasar al contenido principal

CARLOS BLANCO Presenta: SÓ

CARLOS BLANCO Presenta: SÓ
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado 19 de febreiro ás 21:00horas.

 

CARLOS BLANCO Presenta: SÓ

So?
Si. Só.
De jazz, feito coa palabra, coa luz.

De humor, feito a man, artesán, unha artesá; a da risa.

Nun escenario, só, un cómico fala.
Carlos Blanco, centos e centos de
actuacións, de risos, milleiros de gargalladas
provocadas.
Hai quen fai o Camiño e se atopa a si
mesmo.

Hai quen fai o Camiño e atopa o amor.
Hai quen fai o camiño e atopa só bochas nos
pés.

Carlos Blanco fixo o Camiño e atopou un
espectáculo de humor:
Atascos nas corredoiras ata chegar
primeiros aos albergues, pintadas
fascinantes, unha hostalería (a nosa) con
tódolos matices posibles, anécdotas en
varios idiomas, e, ao fin, Compostela… ou
quizais Fisterra.

Só. Un Camiño nunca visto.
O camiño de Santiago percorrido por un de
Santiago: Un absurdo?
Algo así.

A nova aventura de Carlos Blanco ten
bastón, mochila e ata coche de apoio.
Que cada quen fai o Camiño como pode.

Sexo, maniotas, máquinas expendedoras de
todo tipo de cousas, lixo, carballeiras,
polígonos industriais, consellos prácticos,
aventuras…

E beleza, claro. Todo iso é Só. A nova
aventura humorística de Carlos Blanco.
Un novo camiño para o humor galego.
Un paseo a bo ritmo polo interior.
Un desafío á intelixencia.
Unha delicatessen low cost.
Só.

Para non perder a fe... na diversión.
Un mundo.

Venda de localidades:
Anticipada:

www.servinova.com // tfno.: 902 504 500
O día da función: Despacho de billetes do auditorio
De 19 a 21horas. (2 horas antes do comezo da función).
Prezo das entradas. Butaca: 6€. Anfiteatro e palcos: 5€