Pasar al contenido principal

BENGALA PRODUCCIÓNS Presenta: MASTER CLASS

BENGALA PRODUCCIÓNS Presenta: MASTER CLASS
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 22 de maio ás 21:00horas

 

BENGALA PRODUCCIÓNS Presenta: MASTER CLASS

 

De Terrence McNally

Dirección: Xosé M. Rabón

Elenco artístico:
MARÍA CALLAS Mabel Rivera
PRIMEIRA SOPRANO (Sophie) María Torres
SEGUNDA SOPRANO (Sharon) Julia Cea
TENOR (Tony) Enrique Martínez
PIANISTA (Manny) Lino Braxe

O espectáculo toma como pretexto, desde o punto de vista argumental as famosas “master class” que María Callas impartiu na afamada academia neiorquina “Juilliard”, o remate da súa vida artística; e que o autor do texto, Terrence Mc.Nally, transforma de maneira maxistral nun “tour de force” entre vida privada e artística, creando un conflito de imnumerables matices no que a sabiduría da persoaxe e a riqueza das súas vivenzas forman un xeito de catarse na que se ven envoltos todolos participantes na cerimonia da representación: público, actores, cantantes...

Polo tanto, Bengala Produccións, asume este proxecto como un desafio profesional no que a capacidade de acción estea dada por a utilización de todos os elementos artísticos e técnicos o séu alcance, tomando como o ponto de partida máis importante a elección do elenco artístico que partindo da súa protagonista, Mabel Rivera, conforme un reparto de gran nivel, no que figuran actores da talla de Lino Braxe ou María Torres, e para os papeis líricos acudindo a cantantes de traxetoria contrastada como Julia Cea ou Enrique Martínez, cunha carreira internacional recoñecida, e coa caracteristica de seren escollidos no entorno do panorama lírico xeográfico procedente de Galicia para formar un equipo de traballo uniforme e ductil ó mesmo tempo.

Idioma: galego

Venda de localidades
O día da función:
Despacho de billetes do Auditorio: 2 horas antes do comezo do espectáculo.

Prezo: 5€.