Pasar al contenido principal

BENGALA PRODUCCIÓNS Presenta: 39 VECES CHAO

39 VECES CHAO
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 28 de xaneiro ás 21:00horas.

BENGALA PRODUCCIÓNS Presenta: 39 VECES CHAO

(SE ALGÚN DÍA ESTA MULLER MORTA)

Autoria: Miguel Sande.

 

Dirección: Xosé M. Rabón.
Intérpretes: Amalia Gómez. Voz en off Lino Braxe.

Escenografía: Xosé Méndez. Realización escenografía: Ecenoset. Selección musical: Xosé M. Rabón. Grabación banda sonora: Julio Souto. Fotografía e video: Studio kean. Deseño de iluminación: Xosé M. Rabón. Rexiduría: Iván Rabón.

SINOPSE:

Unha muller soa, sempre soa, decátase de que a súa vida non ten sentido. Loita para revivir, para atoparse a si mesma e ser, Simplemente ser. Agora non é.
Agora non existe, e quere reencontrase, renascer e vivir.
É a historia dunha muller maltratada e sometida que se nega a aceptar a morte dos sentimentos, a realidade dunha vida en reuinas. Loitar para vivir. Buscar a forma de atoparse, de ser ela outra volta. Non renunciar o dexeso, o sangue. Ela, simplemente, spìda agardando una sensación. Ela, diante do espello da sua vida, vai construindo a historia dunha existencia murcha, sen esperanza. Só a través da voz da protagonista, vai a se construír a historia diante dunha acción moi pouco convencional. Unha acción que nos reflicte a un mundo interior que se presenta rebelde, pero sen poder manifestarse cara o exterior. Un mundo coartado diante da indiferencia do home con quen convive. Ese extraño que so trasmite frio e o horror. Un home sen rostro, sen palabras. O baleiro da propia casa. A desesperación polo sexo. Os lobos. Os lobos do dexeso desapareceron. A protagonista busca o rastro dos lobos do dexeso e da desesperación do mesmo xeito que os saltos do sangue han traer os sentimentos, a vida.

VENDA DE LOCALIDADES.

O mesmo día: Despacho de billetes do Auditorio: de 19:00 a 21:00horas.

Prezo da entrada: 6€.