Pasar al contenido principal

AVENTO PRODUCIÓNS TEATRAIS presenta: COMO SOBREVIVIR A UNHA APOCALIPSE ZOMBI

COMO SOBREVIVIR A UNHA APOCALIPSE ZOMBI
Fecha de inicio Data de inicio:

Sábado, 2 de novembro ás 21:00 horas.

 

Dirección:

Manuel Pombal

 

Intérpretes:

Suso Pando

Bea Campos

Marcos Alonso

Xoan Abreu

 

Deseño de escenografía: vento Producións
 

Deseño de iluminación: Manuel Pomba

 

Sinopse:

Como sobrevivir a unha apocalipse zombi de Avento Producións é unha divertida comedia interactiva na que uns “peculiares” profesores poñen a proba os coñecementos do público asistente sobre o mundo zombi.

O director da Escola de Supervivencia, o Dr. Chamorro, axudado polo seu “profesional” equipo de especialistas, impartirá unha clase maxistral na que se ensinará aos asistentes as técnicas adecuadas para sobrevivir á apocalipse.

O público será dividido en dous equipos e terá que participar no espectáculo por medio de votacións. Só o equipo máis forte gañará¡

Sabes que arma é mais efectiva na apocalipse?

Onde agocharte?

E se tiveses que escoller. Que sería mellor un castelo ou un hospital?

Recorda nada é o que parece... Pero na escola do DR. Chamorro responderemos a todas estas preguntas e a moitas outras... Así que non dubides en acudir. Vir o noso curso é invertir en calidade de vida (e risas aseguradas) Cando chegue o día da apocalipse estarás preparado!!

“Como sobrevivir a unha apocalipse zombi” é unha versión do aclamado éxito británico "How to Survive a Zombie Apocalypse" A producción galega é a primeira montaxe do texto que se fai na península. Antes de que Avento Produccións o levase a Galicia outras compañías de Francia, Estados Unidos ou Croacia fixérono nos seus paises acadando premios tan prestixiosos como o Best Comedy Show – Buxton Fringe 2010 e o Best International Show – Hollywood Fringe – 2011

(Adxúntase información, cartaz e fotografías)

 
Venda de localidades:

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).

O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, de 19:00 a 21:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).

Prezo: 5€.