Data de inicio:
Sábado, 9 de febreiro ás 21:00 horas.
"... unha peza baseados na espontaneidade..., lixeireza e alegría agroglamurosa.." LAURA PORTO
"Maxistral unha vez máis" JORGE MIRA
"Pon en valor a autenticidade das mulleres....parabéns ArtesaCía pola afouteza e ironía..." MANUEL F. VIEITES
Videocreación: Roi Fernández.
Iluminación: Héctor Pazos.
Movemento escénico: Fran Martínez.
Música: Lucía Martínez.
Actrices e actores colaboradoras en visuais: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman, Álvaro Iglesias.
Chola, mecánica de coches, blogueira e youtuber galega é contratada por un teatro para presentar o seu monólogo ó máis puro estilo de show escénico youtuber. A través da presenza no escenario do seu coche Opel Calibra do 2000 transmitirá, con exemplos prácticos e didácticos, estratexas para poder descubrir quen somos, qué nos gusta, qué nos divirte... e sobre todo, saber recoñecer de onde vimos. Para todo isto, axudarase de videos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose de música. Cando parece que o show envolve a escena, pero unha chamada telefónica durante o espectáculo desencadeará un gran conflicto. . A través dun diálogo, Chola deixa entrever ó público un outro traballo non tan glamuroso. E é a partir de aquí onde Chola revela a súa connotación de It girl con inxenio, humor e personalidade reflexando a súa realidade imperfecta, que está fora dos canons da imaxe actual da felicidade e do que debería ter éxito virtual. Manifestando a importancia da sabedoría popular e do uso das novas tecnoloxías a través das diversas situacións nas que se pode ver unha muller adiantada respecto o tempo e a sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza, e personalidade, pero tamén, pola súa busqueda incansabel de posibilidades para cultivarse e aprender, e pola súa teima e constancia por fuxir dos canons actais do que debería ser unha muller tendencia.
Despacho de billetes do auditorio, de 19:00 a 21:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).
Prezo: 5€.


