Data de inicio:
Sábado, 23 de xaneiro ás 21:00 horas.
de Ber- nard-Marie Koltès
Adaptación, dirección e interpretación: Adrián Ríos
Sinopse: Obra escrita no ano 1976 polo dramaturgo francés Bernard-Marie Koltès e representada por vez primeira en 1977 no Festival de Avignon Off, constitúese non coma un monólogo senón coma un “monodiálogo”: un diálogo no que só están rexistradas as intervencións dun interlocutor. A poética concéntrase no dicir dunha soa personaxe que evoca, dende a súa propia, outras voces. A omisión deliberada da palabra do outro produce un efecto multiplicador do sentimento de soidade. O protagonista, un "estraño", resístese a aceptar a realidade dos feitos. Na noite, pouco despois de ser roubado e maltratado, aborda a un descoñecido para pedirlle que o escoite, compartir un cuarto, mostrarlle a súa angustia, os seus problemas e facelo partícipe dos seus imposibles plans de liberación e vinganza. Procura continuas estratexias para que o receptor fique con el e atenda ao seu discurso. Nel circula de xeito impetuoso a esperanza depositada nun futuro que a todos se nos antolla acadar e no que, sobre unha linguaxe áspera, se pon de manifesto a súa insoportable soidade e o desprezo que sinte por aqueles que o rexeitan. A peza pon sobre o tapete unha cuestión que co paso do tempo adquiriu unha potente actualidade: a marxinación do emigrante estranxeiro, eses brotes de racismo provocados por outros marxinados que lle impiden sobrevivir ao protagonista incluso no medio sórdido no que quizais pensou que podía atoparse. Porén, a personaxe que atopamos no texto non é unha voz marxinal, senón unha multitude de voces pola capacidade que ten de evocar personaxes e situacións. Este “estraño” que fala atiborra ao seu receptor cunha gran cantidade de descricións sobre as emocións e sentimentos arraiga dos nunha soa persoa que significan unha masa. É a súa forma férrea de curarse da soidade e irse vivir ao bosque. A necesidade de comunicarse, de ser escoitado, de procurar a compañía de alguén, a frustración, o odio, o medo, o amor, a esperanza, a soidade, o racismo, a desigualdade social, entre outros, son algúns dos principais temas que o espectador poderá ver reflexados neste abrumador e poderoso discurso como é A noite xusto antes dos bosques.
Duración do espectáculo: 75 minutos.
Idioma: Galego.
Venda de Localidades.
Despacho de Billetes do Auditorio.
2 horas antes do comezo da función.
Prezo: 6€.


