Data de inicio:
Sábado, 23 de febreiro ás 21:00 horas.
Interpretación: María Salgueiro, Rosa Puga Davila, Marta Pérez, Diana Mera, Nerea Brey.
Música: Paulo p.
Vestiario: Carlos Pinilla.
Realización vestiario: Carlos Pinilla, Alberto Barba, Lola Solveira.
Iluminación: Javier Quintana.
Unha traxicomedia sobre a opresión familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo, e referencias ao universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba. Cinco actrices en escena habitan un espazo en branco e negro, subxugadas pola omnipresenza do frío que emana do gran frigorífico branco, suspendidas no tempo, a cabalo da dúas épocas, a analóxica e a dixital. Asistimos á desconxelación gradual dos corpos desde o hieratismo á organicidade, nunha inquietante atmosfera na que destacan os queixidos do violín.
Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas).
O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, de 19:00 a 21:00 horas. (2 horas antes do comezo da función).
Prezo: 5€.


