Pasar al contenido principal

Mesa local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero

mesa

A Mesa é un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante a grave vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero. Ten como finalidade a coordinación entre os/as diferentes axentes que atenden mulleres vítimas da violencia de xénero para garantir unha intervención global, multidisciplinaria e integral.

 

Obxectivos

  • Coñecer e analizar a realidade das distintas formas de violencia contra as mulleres no Concello de Cangas e a súa evolución, co fin de coñecer as necesidades existentes e os cambios rexistrados.

  • Coordinar as institucións implicadas na prevención e na loita contra a violencia de xénero no ámbito local.

 

Funcións

  • Optimización dos recursos dispoñibles, coordinación dos servizos e atención multidisciplinar das mulleres vítimas de violencia de xénero.

  • Aprobar as propostas de actuación conxunta entre os servizos implicados na atención ás vítimas.

  • Impulsar estratexias de sensibilización e prevención.