Pasar al contenido principal

Servicio de teleasistencia domiciliaria

A teleasistencia domiciliaria é un servizo de atención telefónica ininterrumpida cun equipamento de comunicacións e informática específicos, que lles permite ás persoas usuarias, ante calquera situación de emerxencia e con tan só apertar un botón, comunicarse coa central, atendida por persoal especializado, para dar resposta á crise presentada, ben sexan situacións de emerxencia sanitaria, inseguridade, soidade e/ou illamento..

O servizo pretende proporcionar unha resposta inmediata que permita establecer unha comunicación entre o usuario e o centro de atención durante as 24 horas do día os 365 días do ano.


A quen vai dirixido?

  • Persoas que viven ou están soas e cuxas limitacións físicas e/ou psíquicas lles impidan ou dificulten a solicitude de axuda ou aviso a familiares e servizos médicos en caso de urxencia.

  • Padecer patoloxías ou ter limitacións persoais polas que se encontren en situacións de especial fraxilidade ou vulnerabilidade, e que requiran a utilización de dispositivos de alarma e control.