Pasar al contenido principal

Servicio de Ayuda en el Hogar (SAF)

Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

O programa de axuda no fogar é un servicio municipal comunitario, con caracter social, que tende a prever situacións de crise persoal e familiar prestando unha serie de atencións de carácter doméstico e social aos individuos ou familiares que se atopen en situación de especial necesidade para o desenvolvemento dunha vida cotiá normalizada:

  • Persoas maiores que vivan soas e non poidan valerse por si mesmas.
  • Persoas maiores que vivan con familia que teñan dificultades para atendelas adecuadamente.
  • Persoas con discapacidade que precisen axuda para manter unha vida o mais norrmalizada e integradora posible.
  • Familia e infancia, asegurando a mellora da vida familiar, evitando internamentos innecesarios dos seus membros e exercendo de maneira transitoria a atención que require a infancia ante situacións de grave dificultade dos seus maiores.
  • Colectivos específicos que presenten situacións de risco e exclusión social.

Duas modalidades:

  • Prestación básica.
  • Persoas dependentes