Pasar al contenido principal

Programa das Escolas de Pais e Nais

FacebookTwitterShare
Programa das Escolas de Pais e Nais

A Concellaría de Servizos Sociais, Sanidade e Igualdade está desenvolvendo un programa de escolas de pais e nais en diferentes centros de ensino do concello. Trátanse de actividades gratuítas e, para facilitar a asistencia dos proxenitores, cóntase cun equipo de monitores que coidan e xogan cos fillos e fillas mentres os pais están reunidos.

Aquí se mostran os horarios do curso 2017-2018 dos centros nos que xa están funcionando:

  • Luns ás 17.00. CEIP Espiñeira, Aldán, Próxima reunión, luns 30 de outubro.                                                   
  • Martes ás 16.30. CEIP Castrillón, Coiro. Próxima reunión, martes 31 de outubro.                            
  • Martes ás 19.00. IES Rodeira. Próxima reunión, martes 31 de outubro. Para pais e nais con fillos e fillas escolarizadas en ESO ou Bacharelatos en calquera instituto.
  • Martes ás 16.30. CEIP A Rúa. Próxima reunión, martes 7 de novembro.                            
  • Mércores 17.00. CEIP San Roque. Próxima reunión, mércores 8 novembro.                                                                     
  • Xoves 15.30. Colexio Eduardo Pondal. Próxima reunión, xoves 2 de novembro.                                                
  • Xoves 17.00. CEIP O Hío. Próxima reunión, xoves 2 de novembro.        

Cómpre salientar que a escola de pais e nais é unha actividade quincenal na que se tratan temas psicolóxicos, pedagóxicos e sociais que teñen que ver coa formación dos fillos e fillas como persoas. Temas como a comunicación e o benestar da familia, as habilidades sociais, o manexo emocional, a educación para a saúde ou a autoestima abórdanse nas clases dunha maneira amena, sinxela, participativa e aberta.

Non se trata dunha reunión de persoas expertas, senón de pais e nais que se xuntan nun espazo de reflexión onde poden falar e onde se xera un ambiente no que prima a confianza. As persoas que asisten teñen intereses semellantes respecto á crianza dos seus fillos e fillas: que sexan responsables, que respecten ás outras persoas, que teñan habilidades para enfrontarse aos problemas, que estean ben… A educación é a mellor estratexia para acadar estas metas.