Curso "Loitando contra a violencia de xénero"
A Concellería en funcións de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello de Cangas dentro das medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las cortes e Igualdad, ademais de desenvolver obradoiros de sensibilización en igualdade nos centro educativos de primaria e secundaria dende abril ata xuño, e dos obradoiros do grupo de mulleres, ten previsto organizar formación en violencia de xénero dirixida ao persoal da policía local e resto do persoal laboral e funcionariado interesado do Concello. Esta acción iría enmarcada dentro do Eixe 1 Transversalidade, empoderamento e Participación social do IV Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Cangas 2016-2020.
Os contidos básicos a tratar son:
- Conceptos Básicos da Igualdade de Xénero e Linguaxe non Sexista ( 2 horas)
- A Violencia de Xénero: tipos de violencia de xénero, as fases do ciclo da violencia de xénero e marco lexislativo (4 horas).
- O amor romántico, a Escala da Violencia de Xénero na Mocidade e o control a través das TIC`s (2 horas)
Duración: 8 horas os días 20 e 21 de xuño de 2019.
Lugar: Salón de Plenos do Concello
Poboación Destinataria: persoal do Concello e Policía Local
Asistencia: Voluntaria. Prazas Limitadas
Inscrición en cim.concellodecangas@gmail.com
- Inicie sesión para enviar comentarios