Ir o contido principal

Migracións

Dende o Concello promovemos a regularización e integración sociolaboral e educativa da poboación migrante residente en Cangas, ofertándolle á poboación adulta unha atención interdisciplinar nos ámbitos social, xurídico e laboral e á poboación infantil, mocidade e unidades familiares de referencia unha atención socioeducativa que facilite a súa adaptación ao sistema educativo e a súa participación social na comunidade.

E promovendo a cooperación con entidades e institucións que traballan neste ámbito e actuacións de sensibilización cidadá que fomentan unha integración intercultural bidireccional.