Ir o contido principal

Escultura A volta do mar ou hoxe non comemos

Escultura A volta do mar ou hoxe non comemos

Obra de Xoán Piñeiro que representa a desesperación dun pai mariñeiro á chegada do mar sen nada para dar de comer á súa familia.

A súa muller apóiase nel con tristura, mentres o neno mira con curiosidade o cesto baleiro.
 
Escultura de gran expresividade e simbolismo.

Tamén se coñece polo nome de «Hoxe non comemos».