O Hío
É o segundo dos faros que se atopa no extremo de Cabo Home, moito máis achatado que o anterior. Consta dunha torre cilíndrica en pedra, cunha pequena terraza con vistas á ría. A súa cor vermella faino facilmente identificable.
É de propiedade pública e data do 1918. Pódese acceder a el sen ningunha dificultade a pé, por calquera das sendas que discorren por Cabo Home, estando a pouca distancia do faro de Cabo Home.
A súa luz emite cun alcance de 12 km.
Xunto a este faro destaca un cruz de pedra en recordo a un mariñeiro chamado Pepe Ruíz, que fai algúns anos, debido a unha a avaría no motor da súa embarcación, foi arrastrado polas correntes cara ás rocas, sen que ninguén puidese axudarlle a salvar a súa vida.


