Ir o contido principal

Aspamsin

Aspamsin

Aspamsim é unha entidade prestadora de servizo sociais sen animo de lucro constituída polos pais e nais de persoas con discapacidade para loitar pola integración social dos seus fillos e fillas.

Foi en 1988 cando comenzou a andadura de Aspamsim, cunha meta moi clara conseguir a normalización das persoas con discapacidade e fomentar o valor social de ser diferente.

Levamos 25 anos esforzándonos para conseguir que a sociedade acepte a complexidade do que significa ser diferente, e en todos estes anos conseguimos transformar a imaxe sobre a discapacidade, e a día de hoxe somos un referente para as familias e a sociedade Morracense.

No día a día da asociación somos 34 usuarios e usuarias, apoiados por un equipo de educador@s, a directiva e as nosas estimadas familias.

Datos de contacto: República de Cuba,4,1º andar, 36940 Cangas, Spain