O IV Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Cangas, constitúe unha ferramenta para procurar cambios sociais, cuxo obxectivo xeral é promover a igualdade entre mulleres e homes, integrando de maneira efectiva, a igualdade en todos os ámbitos que afecten á vida cotiá das mulleres, fomentando a modificación de actitudes, comportamentos e normas que supoñan un obstáculo para a consecución da igualdade real das persoas.
O IV PIOM cangués ten as seguintes características:
- É unha guía para un proceso de actuación, unha ferramenta dinámica e flexible.
- Representa un compromiso do Concello de Cangas coa igualdade entre homes e mulleres.
- Implica a participación de todas as concellarías, departamentos e áreas municipais no desenvolvemento e execución do IV PIOM de forma coordinada.
A posta en práctica destas medidas precisa de implicación política e técnica e a materialización de cambios estruturais que posibiliten a transversalidade, principio básico no que se sustenta este IV PIOM.


