Obradoiro de educación afectivo sexual/vínculo amoroso.
|
Unha educación sexual que se basee no respecto á diversidade e que eduque para a convivencia e a igualdade, contribúe a que poidamos entendernos e aprendamos a entender as realidades das outras persoas.
Obxectivos. Propiciar unha formación baseada na normalización da sexualidade, a igualdade e o respecto que contribúa ao desenvolvemento dunha sexualidade e uns vínculos saudables.
Contidos. . Conceptos. O corpo sexuado, identidade, desexo, expresión e orientación sexual. . A diversidade sexual. . Roles de xénero. Coeducación. Mitos en torno ao amor.
Destinatarios: Alumnado de ESO, Bacharelatos e ciclos formativos. A demanda en EPO.
Metodoloxía. Non directiva, intentando establecer espazos de expresión, escoita e elaboración no aula para o traballo de actitudes a través do diálogo. En todo caso, activa, participativa, dinámica e construtiva.
Inscrición: Por mediación da dirección ou do departamento de Orientación do centro educativo. |
Obradoiro de habilidades sociais.
|
Reflexión e práctica en torno á adquisición de competencias e actitudes que nos fan sentir mellor e nos axudan a establecer relacións sociais máis satisfactorias.
Obxectivos. Re/coñecer as habilidades sociais, practicalas e reflexionar sobre a súa utilidade para sentirnos mellor e relacionarnos dun xeito satisfactorio.
Contidos. . Habilidades básicas: escoitar, atender, facer un cumplido… . Habilidades complexas: Empatía, asertividade, negociación, resolución de conflictos…
Destinatarios. Alumnado de ESO.
Metodoloxía. Non directiva, intentando establecer espacios de elaboración no aula para o traballo de actitudes a través do diálogo e a creatividade. En todo caso, activa, participativa, dinámica e construtiva.
Inscrición: Por mediación da dirección ou do departamento de Orientación do centro educativo.
|
Obradoiro de competencias emocionais.
|
Aprender a escoitarse, a identificar as emocións, a linguaxe corporal, e os pensamentos que xorden de todo isto. Manexo de emocións para sentirnos ben e mellorar as nosas relacións.
Obxectivo. Repensar o desenvolvemento dende o traballo coa linguaxe, a creatividade, o pensamento crítico e o manexo emocional.
Contidos. Re/coñecemento das emocións. Pensamento crítico, diverxente e creativo. Manexo emocional.
Destinatarios. Alumnado de ESO.
Metodoloxía. Non directiva, intentando establecer espazos de elaboración no aula para o traballo de actitudes a través do diálogo e a creatividade. En todo caso, activa, participativa, dinámica e construtiva.
Inscrición: Por mediación da dirección ou do departamento de Orientación do centro educativo. |


