Ir o contido principal

A XUNTA CONVOCA AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FP DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

A Xunta de Galicia acaba de convocar probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021, como así se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. O obxectivo é permitir cursar estas ensinanzas ás persoas que non posúan as titulacións esixidas para o acceso, isto é, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou un título profesional básico (ou equivalentes) para os ciclos de grao medio; e, no caso dos de grao superior, o título de bacharelato ou un título de técnico de formación profesional (ou equivalentes).

Deste xeito a Consellería de Cultura, Educación e Universidade facilita e impulsa que as persoas continúen formándose para acadar unhas mellores condicións para o acceso ao mercado laboral.

En ambos casos as solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas (desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar na secretaría de calquera centro docente público da Consellería que imparta FP este curso.