Ir o contido principal

PROGRAMA PILOTO - SÉNIOR DIGITAL

Dáse difusión ao PROGRAMA PILOTO- SENIOR DIGITAL promovido e financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, para mellorar a empregabilidade, a través da formación, daquelas persoas desempregadas de longa duración e maiores de 45 anos.

É un programa totalmente gratuito orientado á adquisición e reforzo dos coñecementos en dixitalización. O contido principal do curso é o módulo de Ofimática en la nube con Google Drive, pero ademais inclúe un pequeno módulo de habilidades personais e un itinerario de orientación profesional como ferramenta para lograr a inserción laboral. Previsiblemente iniciarase co primeiro grupo a última semana de outubro.

Se estás interesada ou interesado deixamos aquí a ligazón para que poidas acceder a máis información relacionada co mesmo, como son os requisitos de acceso e a documentación a presentar xunto coa solicitude. NON DEIXES DE BOTARLLE UN OLLO!!

https://noainnova.com/programa-senior-digital/