Ir o contido principal

OFICINA VIRTUAL DE ASESORAMENTO Á XUVENTUDE E MAPA DE RECURSOS

A Consellería de Política Social lanzou recentemente a oficina virtual de asesoramento a xuventude que busca ofrecer información de xeito intuitivo e sinxelo para que a mocidade poida participar e beneficiarse de todos os recursos que os distintos departamentos do Goberno autonómico poñen a disposición en ámbitos como:

 

-Educación 

-Formación e emprego 

-Igualdade 

-Mobilidade 

-Vivenda 

-Información Xuvenil 

-Ocio educativo e tempo libre

 

http://xuventude.xunta.es/oficina-virtual-de-asesoramento-para-a-xuventude

 

Dentro desta actuación, elaboraron un mapa de recursos para a xuventude que é un instrumento moi interesante para o noso traballo xa que recolle nun documento as diferentes actuacións da Xunta de interese dirixidas a este colectivo, as axudas e os datos de contacto.

 

Podes descargar o pdf do Mapa de Recusos Xuventude