Ir o contido principal

DOG Nº 25_ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA - FORMACIÓN SOCORRISTAS

📌Se estás interesada ou interesado en obter o carné de SOCORRISTA e cumples os requisitos formativos de acceso:

A ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA publica no DOG Nº 25:

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2021 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

✍Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

⏳Prazo de inscrición

O prazo de inscrición será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.