Ir o contido principal

DOG Nº 25_ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA - CURSOS ADAPTACIÓN DA ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA AO SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTIVAS E EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados/ as ou graduados/as en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos/ as superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp. xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA.