Ir o contido principal

DOG Nº 25_ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE - CURSOS DE RECICLAXE DE SOCORRISMO ACUÁTICO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura, s/n; A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos destas se poidan facer fóra das súas instalacións.

De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.

Reciclaxe de socorrismo en instalacións acuáticas.

– Módulo MF0269_2: Natación (4 horas). – Módulo MF0270_2: Prevención de accidentes en instalacións acuáticas (4 horas). – Módulo MF0271_2: Rescate de accidentados/as no medio acuático (4 horas). – Módulo MF0272_2: Primeiros auxilios (4 horas).

Reciclaxe de socorrismo en espazos acuáticos naturais.

– Módulo MF0269_2: Natación (4 horas). – Módulo MF1082_2: Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais (4 horas). – Módulo MF1083_2: Rescate de accidentados/as en espazos acuáticos naturais (4 horas). – Módulo MF0272_2: Primeiros auxilios (4 horas)

Destinatarios/as Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2022.

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp. xunta.gal); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN, PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA