Ir o contido principal

DOG Nº 24_ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA - CONVOCA CURSOS DE RECICLAXE SOCORRISMO ACUÁTICO

A ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA, publica,

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2021 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

✅Destinatarios/as

Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2021. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existir prazas vacantes.