CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E MOBILIDADE
RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2022, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (códigos de procedemento IF310D/IF310E)
Calendario. No ano 2022 realizaranse seis convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:
Convocatoría Intervalo de celebración Prazo de inscrición
1ª 19.12.2021 a 9.2.2022 Desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 7.1.2022
2ª 16.2.2022 a 6.4.2022 Desde o 8.1.2022 ata o 28.2.2022
3ª 13.4.2022 a 11.5.2022 Desde o 1.3.2022 ata o 15.4.2022
4ª 18.5.2022 a 27.7.2022 Desde o 16.4.2022 ata o 10.6.2022
5ª 3.8.2022 a 12.10.2022 Desde o 11.6.2022 ata o 30.8.2022
6ª 19.10.2022 a 14.12.2022 Desde o 31.8.2022 ata o 31.10.2022
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Fomento. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D (anexo I), onde se amosará o enlace á sede electrónica do Ministerio de Fomento en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.
PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN SE ESTÁS INTERESADA OU INTERESADO, PREME NA LIGAZÓN