Ir o contido principal

DOG Nº 17_CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE - CONVOCATORIA PÚBLICA COMPETENCIAS PROFESIONAIS PERSOAL FCSE

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2022 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento TR305A).

Obxecto e ámbito de aplicación 1. Esta orde ten por obxecto realizar a convocatoria para o ano 2022, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación (código do procedemento TR305A), preferentemente para persoal militar que teña unha relación de servizos de carácter temporal co Ministerio de Defensa, incluído o persoal que se atope en situación legal de desemprego, durante os dous anos posteriores a súa data de baixa nas Forzas Armadas (FAS), cun total de 460 prazas nas unidades de competencia que se indican no anexo I e cun total de 1.600 unidades de competencia nas seguintes cualificacións profesionais:

– Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 240 prazas

– Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes (SAN122_2): 170 prazas

– Amarre de porto e monoboias ( MAP404_1) e unha unidade de competencia UC0010_1: 50 prazas,

Puntos de información:

a) No Instituto Galego das Cualificacións.

b) Nas xefaturas territoriais da Consellería de Emprego e Igualdade.

c) Nas oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia.

d) Nos centros propios de formación profesional para o emprego da Consellería de Emprego e Igualdade.

Prazos de inscrición no procedemento. O prazo de inscrición será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

PARA AMPLIAR ESTA INFORMACIÓN PREME NA LIGAZÓN QUE SE XUNTA