Ir o contido principal

TURISMO CANGAS

FacebookTwitterShare
Turismo cangas

O punto de información turística do Concello de Cangas, xestionado pola empresa Arbore Arqueoloxía, continuará aberto ata o 31 de decembro de 2023 grazas a subvención da Deputación de Pontevedra para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ao publico en oficinas de turismo adheridas a rede de oficinas de turismo Info Rías Baixas.

Esta medida permitirá atender ás consultas das persoas que se acheguen a Cangas durante a ponte da Constitución ou o Nadal, e que o pasado ano 2022 alcanzaron en número ás do mes de xuño, confirmando a tendencia a alza dos visitantes neste ultimo mes do ano.