Os Bolechas chegan a Cangas!
O vindeiro venres 26 de setembro ás 18:00 horas, o salón de actos do Concello de Cangas encherase de aventura coa presentación do novo libro dos Bolechas, inspirado na historia da nosa vila, das mulleres do mar e das fábricas de conservas. Esta publicación e presentación está organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cangas, que aposta por promover o uso do galego a través da literatura infantil.
O seu creador, Pepe Carreiro, estará con nós para descubrir todos os segredos desta nova historia, asinar exemplares e compartir un momento especial coa cativada e as familias.
E aínda hai máis: sortearanse de balde 25 exemplares entre a rapazada asistente. Non perdas esta oportunidade única de levar para a casa un anaquiño da historia de Cangas da man dos Bolechas!
- Log in to post comments



