Ir o contido principal
BIBLIOTECA DO HÍO

Onde está o vento? Mércores 17 ás 11 h na Biblioteca do Hío

FacebookTwitterShare
ONDE ESTÁ O VENTO?

 

A Tareixa, o que máis lle gusta, é xogar co seu muíño. Pero un día o vento desaparece e o seu xoguete deixa de xirar. Intrigada e triste por este acontecemento, vivirá unha gran aventura buscando resposta a tal incógnita. Cando por fin chega ás nubes, decátase de que están moi enfermas. Os humanos levamos moitos anos contaminando, por iso non poden facer soprar o vento. Coa axuda do público, Tareixa promete que non volver contaminar... Non volveremos tirar lixo ao chan, nin nos mares... Non volveremos cortar as árbores, e por suposto, non volveremos queimar os nosos montes... De súpeto, como por arte de maxia, a tristura da nube transfórmase nun gran sorriso e o muíño comeza a xirar.