Ir o contido principal
CONSELLO MUNICIPAL DE IGUALDADE

DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES

FacebookTwitterShare
Cartel

Exposición “Recuperando a Historia das Miñas Veciñas III”. Concello de Cangas. Do 1 ao 11 de marzo. Bibliotecas de Aldán, Hio, Coiro e Darbo. Do 11 marzo ao 9 de abril.

Esta exposición está elaborada cos traballos feitos en marzo de 2023 polo alumnado dos Centros Educativos: Ceip Espiñeira, Colexio Compañía de María, Ceip O Hío, Ies Montecarrasco, Ceip Nazaret. As Mulleres sobre as que traballaron son: Sandra Bastón, Teresa Miniño, Colectivo Redeiras, Marisa Núñez, Maruxa Barrio, Sonia Cordeiro.

Mércores 6 de marzo

10:30 e 12:00h “A Igualdade non ten truco” Compañía Magia en la Manga. Dirixido a centros escolares. Auditorio Xosé Manuel Vázquez Varela. Actividade financiada con fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género.

Participan os centros de primaria: Ceip A Rúa, Ceip Castrillón, Ceip San Roque, Ceip Nazaret e Cpr Casa de la Virgen.

É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas. A igualdade non ten truco é unha charla espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe esencial para a sociedade actual.

As magas antigas e modernas tiveron e aínda teñen que enfrontarse a unha realidade chea de estereotipos e prexuízos tanto por parte do público como dos seus compañeiros ilusionistas. Estes problemas non existen só no mundo da maxia, polo que tamén veremos como estas desigualdades se dan na vida cotiá de todas as mulleres e en moitas outras profesións.

Obxectivos

Promover a igualdade de xénero a través da perspectiva particular do ilusionismo.

Concienciar á mocidade da necesidade da igualdade de xénero en todos os ámbitos da sociedade.

Dar a coñecer conceptos chave do feminismo.

Recoñecer o papel das mulleres ilusionistas no mundo da maxia.

Proporcionar referentes femininos para incentivar o interese das alumnas polo mundo do ilusionismo.

Venres 8M

20:00h Manifestación saída da Praza do Concello

Lectura Manifesto do Consello Municipal de Igualdade

Sábado 9 de marzo

20:00h “As damas de Ferrol” Teatro do Noroeste. Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela en colaboración coa Concellería de Cultura

Autor: Eduardo Alonso.

Dirección: Clara Gayo.

Elenco artístico: Mónica Camaño e Casilda Alfaro.

Sinopse:

“As damas de Ferrol” é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan. Dúas mulleres incapacitadas... Pero non incapaces. Dúas mulleres que creron inxenuamente no destino que se esperaba de/para elas. Dúas mulleres absolutamente frustradas e culpabilizadas por non acadar un status social, económico e “romántico” que anhelaban e creron merecer, alomenos nalgún momento da súa vida. A frustración e a culpa teñen como resultantes directas a violencia e a ira, unha desesperación que trastorna o xuízo e o sentido da realidade, e, porén, a construción dun universo ou realidade con normas propias que se converte nun inferno. Pero, iso si, nun inferno coñecido. E como marco infinito, tanto físico como mental, tanto real como espiritual, se sitúa Ferrol. Un Ferrol vivido e vivencial, un Ferrol como espazo impreciso, máis interior que externo, que todo o colorea da súa especial personalidade de cidade irrepetible nun país irrepetible no espazo e no tempo, tan irrepetible como inexistente.

Domingo 10 de marzo

10:30 Ruta “Historia das Mulleres de Cangas” A Illa dos Ratos. (inscrición previa no whatsapp 611080853)

Venres 15

17:30- Obradoiro “Danza e Igualdade” impartido por Xiana Vilas

DESCRICIÓN

O obradoiro está dividido en tres partes

Na primeira parte farase unha introdución teórica ao mundo da danza contemporánea

Na segunda parte realizaranse exercicios de movemento, confianza e creatividade.

Para rematar porase en práctica o aprendido, e construirase unha coreografía colectiva.

DIA E LUGAR

Venres 15 de marzo na Sala de Exposicións do Auditorio Xosé Manuel Pazos Varela

HORARIO

De 17:30 a 20:00

DURACIÓN

2 Horas e media.

DESTINATARIAS

25 mulleres. Non é preciso ter coñecementos de danza.

OBXECTIVOS DO TALLER

1 Promover a Igualdade a través da danza

2 Facer un achegamento histórico da danza contemporánea a partires de Mulleres empoderadas.

3 Fomentar a autoestima, empatía e a sororidade entre as participantes.

4 Experimentar a expresión artística da danza a través do movemento e a creatividade.

IMPARTE

Xiana Vilas Castro

Doutora en Psicoloxía Social e Licenciada superior en Danza.

INSCRICIÓN

Centro de Información ás Mulleres de Cangas

Rúa Andalucía 3 Baixo Edificio Xoia

986392268 cim@cangas.gal

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR OUTROS COLECTIVOS

Xoves 7 de marzo

20:00h Inauguración Exposición “Adicam: Arte e Mulleres”. Sala de exposicións Casa da Bola. Organiza Adicam

Xoves 14 de marzo

20:00h Faladoiro “As rapadas do Franquismo: aldraxadas e esquecidas” impartida por María A Lires. Salón de Plenos do Concello de Cangas. Organiza Asociación Memoria Histórica 28 de agosto.

Día da Muller