Ir o contido principal

DÍA INTERNACIONAL DA XORDOCEGUEIRA.

FacebookTwitterShare
xordoceguera

27 DE XUÑO,  DÍA INTERNACIONAL DA XORDOCEGUEIRA.

 

A xordocegueira é unha discapacidade única con características e necesidades propias que consiste na perda conxunta de capacidade visual e auditiva.

 

Trátase dunha condición específica e non da suma de xordeira e cegueira. Tampouco se trata dunha enfermidade, aínda que moitas enfermidades e/ou síndromes poden ser causa.

 

?A organización XOGA fai o pedimento e pon a esperanza na creación dos especiais servizos sociais, educativos e sanitarios que require.

 

No apartado de Descargas podes atopar toda a información sobre a iniciativa #bastónbrancoevermello e unha guía sobre o comportamento que debemos adoptar nas rúas.