Ir o contido principal
30 de novembro Día contra a Pena de Morte

Cidades para a Vida

FacebookTwitterShare
Concello de Cangas contra a pena de morte

O Concello de Cangas, sumouse a Amnistía Internacional nas iniciativas contra a pena de morte con motivo do Día de Cidades para a Vida, que se conmemorou o pasado sábado 30 de novembro. Trátase dunha data marcada no calendario mundial da demanda de dereitos humanos, como é a abolición da pena de morte como método de castigo e a desaparición da tortura.