Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2. Planta Soto - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 666

+ 34 986 304 850

obraseservizos@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Servizos

Oficina Técnica Municipal

A oficina técnica municipal do Concello de Cangas é a encargada de planificar e organizar as actividades a levar a cabo pola sección de Obras e Servizos en función das necesidades e prioridades detectadas, distribuíndo as tarefas a realizar polo persoal ao seu cargo en función das necesidades do servizo e as cargas de traballo. Ademais, deben supervisar e controlar a correcta execución das actividades desenroladas polas sección de Obras así como o control de persoal.


Tarefas:

  • Dirección técnica do departamento.
  • Recepción e xestión de incidencias, queixas e reclamacións.
  • Distribución de tarefas do persoal.
  • Planificación e organización das brigadas.
  • Estudo e planificación das obras a executar polo Concello.
  • Elaboración de proxectos técnicos de obras civís.
  • Dirección facultativa das obras de iniciativa municipal.
  • Seguimento dos contratos que teñen por obxecto a execución de obras, servizos ou subministracións.
  • Elaboración de informes ou documentación requirida por outros departamentos con asuntos relacionados coas tarefas propias da área.

Obras, servizos e mantementos

O departamento é o encargado do mantemento xeral das infraestruturas.

  • Mantemento de zonas de lecer e parques infantís.
  • Mantemento de camiños municipais, reposicións e ou reparación de pavimentos, rozas, poda...
  • Pequenos arranxos de beirarrúas municipais.
  • Traballos de mellora da accesibilidade en colaboración coa Concellaría de Mobilidade.
  • Obras de canalizacións ou separacións.
  • Instalación de mobiliario urbano (bancos, papeleiras, varandas, marquesiñas, espellos, sinais, etc.).
  • Mantemento das Dependencias Municipais, casa do Concello, centros de ensino de educación infantil e primaria públicos, instalacións deportivas municipais, centros sociais, mercado municipal, bibliotecas públicas, etc., fontanería, pintura, carpintería e ferraxería.
  • Colaboración coa infraestrutura cultural e festiva nas actividades organizadas desde as áreas municipais de Cultura, Deportes, Turismo, Xuventude, Benestar Social, etc.
  • Mantemento dos Cemiterios Municipais.
  • Traballos de sinalización viaria en colaboración coa Concellaría de Tráfico e Seguridade e Estatística.
  • Os diferentes departamentos cos que conta este servizo:
  1. SECCIÓN DE CARPINTERÍA.
  2. SECCIÓN DE OBRAS ALBANELERÍA E SERVIZOS VARIOS.
  3. SECCIÓN DE FONTANERÍA.
  4. SECCIÓN DE ALMACÉN E SERVIZOS VARIOS.
  5. CEMITERIOS MUNICIPAIS.
  6. SECCIÓN DE XARDINERÍA.
  7. SECCIÓN DE MAQUINARIA.
  8. SINALIZACIÓN.

Servizos Eléctricos

Os Servizos Eléctricos Municipais son os encargados do mantemento das instalacións eléctricas municipais:

  • Mantemento do alumeado público.
  • Mantemento das instalacións eléctricas das dependencias municipais.
  • Control dos cadros eléctricos.
  • Grupos electróxenos.
  • Acometidas e cadros xerais substituíndo os elementos deteriorados, de ser o caso.
  • Control, seguimento e xestión do consumo e facturación das subministracións: electricidade, telecomunicacións, gas, informática e servizo de impresión.
  • Apoio loxístico (cadros, conexións, megafonía, etc.) aos actos, festivais e actividades programadas desde as distintas concellarías, asociacións e colectivos.

Limpeza viaria

O Concello de Cangas ten as competencias en recollida e tratamento  de residuos sólidos urbanos transferidos á Mancomunidade do Morrazo (Concellos de Bueu, Moaña e Cangas), que, a través dunha empresa concesionaria realiza estas labores. A propia organización do Concello asume directamente a limpeza nas vías urbanas do casco de Cangas, todos aqueles traballos realizados mediante diferentes modalidades (varrido, baldeo, etc.) e prestacións (manual, mecánica ou mixta), limpeza doutros núcleos de poboación fóra do casco, recollida e baldeirado de papeleiras,  praias, dependencias públicas como a praza de abastos e outros servizos complementarios.

Plan de servizos básicos:

  • Varrido manual.
  • Varrido mecánico.
  • Varrido mixto.
  • Varrido en Brigada.
  • Baldeo mecánico.
  • Baldeo manual.
  • Recollida de residuos.

Plan de servizos complementarios:

  • Limpeza de zonas sen urbanizar de titularidade municipal.
  • Plan específico de caída da folla e poda.
  • Plan específico de Nadal, Entroido e tempada de verán.
  • Limpeza de pintadas en fachadas, vías públicas, mobiliario urbano.
  • Limpeza en zonas de ocio nocturno (botellón).
  • Limpeza extraordinaria en festas, actos e actividades culturais ou deportivas na vía pública.
  • Limpezas extraordinarias e urxentes.
  • Limpeza de mercado e praza de abastos.
  • Outros tratamentos especiais.