Datos de contacto

Edificio Xoia. Rúa Andalucía, 3 - baixo - - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986 392 266 / 986 392 267

+ 34 986 303 696

cultura@cangas.gal

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:30.


Regulamento de linguaxe non sexista

O Concello de Cangas aprobou o regulamento de Linguaxe non sexista de aplicación á corporación local e aos seus órganos de goberno, ao seu cadro de persoal e aos seus órganos autónomos.
 
Creado para evitar o uso sexista da linguaxe en calquera tipo de comunicación oficial, interna ou externa, oral ou escrita e en toda forma de comunicación coa sociedade, deberán utilizarse os recursos lingüísticos e normas de uso que se recollen neste regulamento que rexerá o ámbito municipal e o uso da linguaxe non sexista e igualitaria entre mulleres e homes mediante: 

  • A potenciación da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
  • A utilización en todos os departamentos municipais e nos documentos internos e externos dunha linguaxe inclusiva. A aplicación efectuarase tanto no formato tradicional (papel) como nos formatos dixitais (pdf, interactivos, doc. de Word, etc.) e nas plataformas onde se soportan estes formatos: Internet (web municipal ou portais web de áreas ou concellerías) e intranet municipal.

Descargas