Datos de contacto

Avda. de Castelao, 2 - 36940 - Cangas (Pontevedra).
Ver localización

+ 34 986329504

+ 34 986 304 850

info@cangas.gal



Protección civil

A Rúa s/n, Coiro
Teléfono: 986 305 530 ou 112 / Correo: proteccioncivil@cangas.gal
Horario: 24 horas
Coordenadas GPS: 42º16´04.23´´ N   08º45´48.23´´ O

No artigo 1 da Lei 17/2015 do Sistema Nacional de protección civil establece que “A protección civil, como instrumento da política de seguridade pública, é o servizo público que protexe ás persoas e bens garantindo unha resposta adecuada ante os distintos tipos de emerxencias e catástrofes orixinadas por causas naturais ou derivadas da acción humana, sexa esta accidental ou intencionada.”

O servizo municipal de Protección Civil en Cangas nace o 29 de febreiro do ano 1992 coa aprobación do Pleno Municipal. Así mesmo, na sesión Plenaria do día 2 de maio do mesmo ano, apróbase o Regulamento da Agrupación Municipal de Protección Civil. 

Ese mesmo ano, comeza a prestar servizos atendendo ao Plan Sapraga na Praia de Menduiña un equipo de voluntarios que atenden este areal, perante os meses de xullo e agosto, no que contan xa cunha embarcación e botiquíns.

No ano 1993, a Xunta de Galicia concédelle un vehículo todo terreo e outra embarcación, equipos de comunicacións e vestiario. O que fai que o servizo siga medrando e avanzando con novo equipamento.

A Agrupación de Voluntarios medra coa incorporación de veciños e veciñas ata un número que rolda o centenar no ano 1996. Estas persoas voluntarias acadan unha formación para cumprir os seus cometidos, chegando a especializarse en accidentes de estrada, primeiros auxilios e excarceración, incendios urbanos e forestais, busca de persoas desaparecidas, salvamento acuático…

Xa no ano 1999 nace o Grupo de Emerxencias, composto por 6 persoas que forman parte da estrutura do persoal municipal, que son complementadas coa incorporación de persoal a través de distintos plans de emprego ata o ano 2007.

Na actualidade, o persoal municipal que compón este grupo é de 5 persoas, apoiadas, constantemente, polo persoal voluntario.

Todo o persoal, tanto profesional como voluntario, está altamente formado para atender calquera tipo de emerxencia (accidentes de estrada, incendios urbanos e forestais, rescate de persoas en situación difícil, asistencias sanitarias, rescate acuático) e tamén para facer labores preventivas en grandes concentracións de persoas, probas deportivas, actos culturais….

A día de hoxe o equipo conta con diferentes recursos técnicos:

  • Embarcación de 4 metros con motor de 25cv
  • Embarcación de 4,20 metros con motor de 25cv
  • Material de rescate acuático
  • Material de rescate en altura
  • Material de primeiros auxilios
  • Equipos de osixenoterapia
  • Equipo de excarceración
  • Equipos respiración autónoma
  • Motoserras
  • Bombas de achique
  • Equipos electróxenos
  • Equipos de iluminación
  • Tenda autoinchable polivalente
  • 2 Remolques para atención as emerxencias
  • 1 turismo equipado con material de 1º auxilios
  • 2 T.T. equipados con material de 1º auxilios e rescate
  • 1 Bomba urbana lixeira (BUL)
  • 1 Bomba forestal pesada (BFP).

COMO FACERSE VOLUNTARIO

  • Ser maior de idade, os maiores de 16 anos poden ser voluntari@s con autorización paterna ou materna.
  • Cumprimentar a solicitude de admisión que está a disposición na base da agrupación, no enderezo A Rúa s/n, Coiro ou solicitar información no T. 986 305 530
  • Superar o período de proba de 3 meses.
  • Superar o curso Básico de Protección Civil impartido pola AGASP.

Descargas